O pasado venres 11 de novembro disputamos na Biblioteca co cole a fase final do concurso de narración oral escolar TÍRALLE DA LINGUA que cada ano organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
A votación estivo moi pero que moi reñida, por un voto de diferencia Iria Oubiña de 6ºA foi a gañadora e a clasificada para participar na fase nacional coa súa versión da lenda urbana NON SÓ OS CANS LAMBEN.
Se premes no logo do concurso poderás escoitar todos os contos que pasaron á fase final do concurso na edición deste ano, o vídeo de Iria está na páxina 3.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario.